Asociación cultural Tarandeira

novas

CALENDARIO ANUAL 2010

ACTIVIDADES

CALENDARIO ANUAL 2010

01/01/2010 Non foi sen tempo (e pedimos desculpas polo retraso) pero xa podemos avanzarvos o calendario de actividades para este ano, susceptible de modificacións.
TARANDEIRA SÚMASE Á CAMPAÑA "SHOE AID FOR ÁFRICA"

SOLIDARIEDADE

TARANDEIRA SÚMASE Á CAMPAÑA "SHOE AID FOR ÁFRICA"

06/11/2009 Nalgunhas áreas de África, os zapatos non son un artigo fácil de conseguir para todo o mundo, incluso para algúns é un auténtico produto de luxo. O feito de non ter un bo par de zapatos pode excluír aos adultos de conseguir un traballo ou pode evitar que os nenos vaian á escola. Para moitos africanos, os zapatos están entre as súas posesións máis valiosas e poñen un esforzo enorme en coidar deles.
A marca de produtos para o coidado do calzado Kiwi, en colaboración coa ONG Humana, e o futbolista nixeriano Samuel Eto´o, lanzou a campaña "Shoe aid for Africa" que axudou a distribuír o ano pasado 100.000 pares de zapatos entre xente necesitada de África.
Se queres colaborar con esta campaña podes depositar zapatos de adulto e neno en bo estado (non se aceptan nin zapatos de tacón nin botas de neve) nas caixas que estarán nos supermercados Hipercor e El Corte Inglés ata o 30 de novembro; tamén podes achegalos ao local de Tarandeira, quen se encargará de levalos aos devanditos supermercados. Cada semana Humana recollerá os zapatos destas caixas e levaraas aos seus almacéns.
De decembro de 2009 ata abril de 2010, tódolos zapatos serán distribuídos en zonas rurais de varios países africanos: Camerún, Kenia, Malawi, Mozambique e Suráfrica.
Resultado do concurso

I CONCURSO FOTOGRÁFICO TARANDEIRA

Resultado do concurso

15/01/2009 Xa se decidiu o I Concurso Fotográfico Tarandeira; o xurado, composto pola directiva e profesionais do sector, considerou como as mellores obras, as seguintes:
.- Autor: Alejandro García Ramírez. Título da obra: Ordesa.Premio:Saída de fin de semana con Tarandeira.
.- Autor: Borja Fresco Ameijeiras. Título da obra: Espello de auga.Premio: Mochila.
.- Autora: Rocío García Vázquez. Título da obra: Outono. Premio:Material bibliográfico sobre a natureza.
A entrega de premios fíxose no local social o venres 23 de xaneiro ás 21:30 horas, quedando aberto o prazo para a presentación de obras ao II Concurso Fotográfico Tarandeira, rexendo as mesmas bases.
Tarandeira inaugura a súa nova sede social

Novo local

Tarandeira inaugura a súa nova sede social

29/09/2008 A Asociación Cultural e Tempo Libre Tarandeira contará a partir deste outono cun local propio onde situar a súa sede social e administrativa, que será presentado este venres a socios/as, colaboradores/as e público en xeral. Tamén se aproveitará a ocasión para presentar a nova web da Asociación.
II Concurso de fotografía Tarandeira.

FOTOGRAFÍA

II Concurso de fotografía Tarandeira.

15/12/2009 Recórdase que o prazo para a presentación das fotografías para o concurso remata o vindeiro 1 de decembro de 2009. O tema das fotos será a Natureza, pero a diferenza do ano pasado non terán que ter ser feitas obrigatoriamente nas actividades de Tarandeira. O 1º premio é unha saída de fin de semana con Tarandeira; o 2º, unhas botas de montaña, e o 3º, material bliográfico. Para máis información, 690038625 (Paz), ou no local social.

Contacto