SENDEIRISMO
01/08/2010 En setembro ímonos a Asturias de novo a conocer a costa de Navia. Se a climatoloxía axuda, o roteiro que propoñemos será moi agradable.
A dificultade do roteiro é baixa.
En galerías hai unha selección de fotos da preparación deste roteiro. Non teñen desperdicio.
DESCENSO EN CANOA E SENDEIRISMO
18/06/2010 Por cuarto ano consecutivo, Tarandeira organiza unha saída de dous días a Asturias para baixar o río Sella en canoa e patear pola montaña asturiana.
SENDEIRISMO
21/02/2010 Para o
domingo 21 de febreiro, Tarandeira organiza unha saída pola comarca, en concreto a un bonito paraxe coñecido como as
Fragas de Visantoña (Mesía).
A saída será o domingo ás 9 da mañá dende a alameda de Ordes, en autobús de Autos Raposo procedente de A Coruña (paradas como de costume).
A chegada, sobre as 21:00 horas. O roteiro é de
dificultade baixa, e os
prezos coma sempre: 12 € os socios/as, e 15 € os non socios/as.
Para anotarse, chamar a Paz (690038625) e pagamento do prezo na c/c 2091-0382-15-3000034118 (Caixa Galicia).
As recomendacións, as de sempre: Calzado cómodo (preferible bota de montaña), bocadillo, auga, e ganas de andar.
Para
máis información690038625 (Paz), e no local social (Rúa do Mercado, 27-1º Esqda. - Ordes) os mércores e venres de 21:30 a 22:30 horas.
SENDEIRISMO
31/01/2010 Para o mes de xaneiro, Tarandeira organiza unha actividade de sendeirismo pola neve. En función da climatoloxía,
o destino pode ser Leitariegos, Ancares ou Courel.
A saída será ás 7:00 horas do domingo 31 de xaneiro dende a alameda de Ordes, en autobús de autos Raposo procedente de A Coruña.
A chegada, ás 21:30 horas.
O roteiro será de
dificultade media, e o
prezo é o de 12 € para os socios/as, e de 15 € para os non socios/as.
Para anotarse, chamar ó teléfono 690038625 (Paz) e ingresar o prezo na c/c de Caixa Galicia 2091-0382-15-3000034118.
Recomendacións: Bota de montaña, gorra (ou pucho), vara, crema solar, mochila pequena, bocadillo, auga, gafas de sol e cámara de fotos.
MICOLOXÍA
14/11/2009 Para o vindeiro
14 (sábado) e 15 (domingo) de novembro, Tarandeira (en colaboración co Excmo.Concello de Ordes)organiza un ano máis unhas xornadas para aproximarse ao coñecemento dos fungos.
O sábado, don Martín Souto, biólogo experto en micoloxía, daranos unha charla formativa na Casa da Cultura, de Ordes. Deseguido, sairemos ao monte para a seu recoñecemento e recolección; ao mediodía, xantar-degustación de cogomelos no Restaurante Fraga, de Ordes. E pola tarde, exposición e identificación dos cogomelos apañados, na carpa situada na alameda.
O domingo , tamén na carpa da alameda, don Higinio Díaz Angulo, mestre de cociña, explicaranos paso a paso, dende as 10:00 horas, a preparación de distintos pratos a base de cogomelos. A partir das 14:30, xantar-degustación, na mesma carpa, das setas cociñadas.
O prezo para participar nas xornadas é de 15 € paras os socios/as, e de 20 € para os non socios/as.
.Para apuntarse, pago do prezo na c/c 2091/0382/15/3000034118 (Caixa Galicia), e chamar a Paz (690038625).
SENDEIRISMO
10/10/2009 Para a vindeira
ponte de outubro (10, 11 e 12), Tarandeira organiza unha escapada aos Picos de Europa.
A saída, como sempre, é dende Ordes (aínda que o autobús virá dende a Coruña, polo que os procedentes desa zona poderán xa incorporarse dende esa city e percorrido ata Ordes) o sábado 10 de outubro, ás 07:00 horas, en autobús de Autos Raposo, e
o regreso, o luns 12 ás 22:00 horas.
O aloxamento, no Hotel La Cabaña (La Molina - Liébana), en réxime de pensión completa.
O prezo é de 105 € para os/as socios/as, e de 125 para os/as non socios/as.
A inscrición, chamando ao teléfono 690038625, e abono do 50% (que non se devolverá) antes do 30 de setembro, na c/c 2091-0382-15-3000034118 (Caixa Galicia).
Recomendacións, as de sempre: botas de montaña, mochila pequena, comida para o xantar do primerio día, cámara de fotos, vara de sendeirismo, gorra e crema solar.
O programaé o seguinte:
Día 10: Saída en Autobús dende Ordes ás 7 da mañá, con chegada a Posada de Valdeón sobre as 13 horas. Roteiro pola Senda do Cares (tamén coñecida como Garganta Divina), e chegada a Poncebos sobre as 7 horas, onde nos recollerá o autobús para levarnos a Potes (Cantabria). Aloxamento no Hotel "La Cabaña".
Día 11: Saída en autobús cara o mirador de Llesba, roteiro de sendeirismo cara o pico Coriscao, balcón prodixioso asomado sobre os tres macizos dos Picos. Chegada a Cosgaya onde nos recollerá o autobús. Visita a vila de Potes.
Día 12: Saída en autobús cara o desfiladero da Hermida. Roteiro de sendeirismo polo Camiño de Tresviso desde Urdón. Saída cara Ordes con parada para o descanso á altura de Cudillero. Chegada a Ordes sobre as 22:00 horas.
Os roteiros son de
dificultade media.