DESCENSO EN CANOA E SENDEIRISMO
DESCENSO DO RIO SELLA E ROTEIRO POLA SERRA DO CUERA (Asturias) 10 e 11 de Xullo
18/06/2010
Por cuarto ano consecutivo, Tarandeira organiza unha saída de dous días a Asturias para baixar o río Sella en canoa e patear pola montaña asturiana.
Saída: o sábado 10 dende a alameda de Ordes ás 7:00h. Chegada o domingo 11 ás 22:00h.
O roteiro será se as condicións meteorolóxicas o permiten, a ascensión ao pico Torbina (1315m), punto culminante da serra do Cuera, unha cadea montañosa entre os Picos de Europa e o mar Cantábrico. As vistas poden ser de escándalo se hai visibilidade. O roteiro dura unhas 6 horas e media.
Precio 100 (socios 80€). Inclúe transporte, picnic dos dous días, alquiler da piragüa, aloxamento e almorzo no hotel "Marina" de Ribadesella. A cea é libre.
Para apuntarse: chamando ao tfno. 690038625 e aboando o 50% do importe na cc: Caixa Galicia 2091-0382-15-3000034118 antes do día 1 de xullo.
Aconsellamos levar bañador, toalla pequena, chancletas de atar, crema solar, cordón para gafas, cámara de fotos, botas de montaña, mochila e vara de sendeirismo.